martes, 4 de abril de 2017

EDIFICIOS "LA CUEVA" E "LICEUM"




"LA CUEVA"


Lugar:Rúa Ramón González nº14 esquina a rúa Antonio Palacios.
Estilo:Arquitectura popular.


   Abriu as súas portas como bar no ano 1922, pero antes de ser un bar fora un hospital  para pobres e posterior hospital para peregrinos.

   O edificio "La Cueva" ,ao igual que os edificios veciños, ten unha fachada estreita. Posúe muros de granito con pezas irregulares de cantería, perpiaño e cachote. Segundo fontes especializadas en arquitectura parece que o edificio tivo dúas fases de  construcción. Unha primeira  da pranta baixa, empregándose cachote de granito de pezas pequenas. A segunda fase sería da planta superior, nela hai pezas de cantería e perpiaños de distintos tamaños pero regulares. Destaca todo o espazo de soportal da planta baixa, que ao facer esquina o edicifio, permiten o aceso a dúas rúas.

   O bar "La cueva" e un edificio sostible porque está construido con materiais das canteiras próximas de Ás Gándaras (en Porriño ) de onde se extrae o granito co que está fabricado este bar , é dicir, empregáronse materiais locais. Durante a súa historia fixéronse renovacións aínda que sempre mantendo o equilibro arquitectónico do  contexto  urbano do pobo e sempre cos devanditos materiais da zona.





















"LICEUM"
Lugar: calle Avelino Velasco.
Estilo: ecléctico.
Cronoloxía: finais do século XIX

   Con este edificio iníciase a zona norte de soportais do centro da vila do Porriño. Presenta unha arquitectura de sobrio eclecticismo que depura a ornamentación pero mantén  excelente tratamento de cantaría deste tipo de edificios de fianis do século XIX. Como sucede nos edificios veciños citados os pilares centrais decóranse na zoa do aparente capitel e nas claves dos arcos,  neste caso cunhas sinxelas figuras  xeométricas. A fachada culmina cunha poderosa moldura na zoa da cornixa e un saínte de pedra  con floreiros aos lados. A fronte da rúa Avelino Villasuso presenta na planta baixa un arco de medio punto polo necesidade de abrir o amplo espazo lateral do soportal. 
   Este inmoble acolleu desde 1900 a sociedade Liceo Artístico, hoxe extinta. 

   Este edificio é sostenible porque encaixa cos edificios veciños, conserva todos os elementos cos que foi diseñado, na pranta baixa hai catro ocos nos que entra a luz evitando gastar moita enerxía.




FEITO POR: Alves, Saray, Francisco e Uxía.
Fotografías feitas polo equipo
Fontes de información: O NOSO PATRIMONIO. O PORRIÑO ARQUITECTURA URBANA. ED. CONCELLO DO PORRIÑO

No hay comentarios:

Publicar un comentario