lunes, 13 de marzo de 2017

VÍDEO DA RUTA "ANTONIO PALACIOS" , UN PROCESO EN IMAXES


  O pasado venres fomos repartir polo noso pobo os folletos que fixemos sobre a nosa primeira ruta, a ruta "Antonio Palacios", percorremos o centro do Porriño deixando en diferentes lugares os folletos nos tres idiomas.  De esta saída fixéronse eco a web  SON DO LOURO  e a  BIBLIOTECA DE PORRIÑO (dende aquí o noso agradecemento especialmente á biblioteca polo seu artículo pois da boa conta do noso proxecto).

  O vídeo que tendes a continuación resume o ciclo desa primeira ruta, un ciclo que pechamos coa difusión dos folletos. Esperamos que teñades aquí un bo resumo.


Grazas a toda a comunidade educativa e a todos os demais pola vosa colaboración!




No hay comentarios:

Publicar un comentario