lunes, 10 de octubre de 2016

O NOSO PROXECTO: RUTAS SOSTIBLES


  Somos "Os diversostibles" os alumnos de 6º B do CEIP PLURILINGÜE ANTONIO PALACIOS.  Con este post presentamos o proxecto de este curso 2016/17 que como no curso pasado pon atención nos obxectivos de sostenibilidade da ONU.
   Neste curso comezamos co proxecto "RUTAS SOSTIBLES"  coque iremos deseñando diferentes rutas de paseo polas que poder camiñar coñecendo o noso pobo e tendo en conta a sostenibilidade .
  
    Ter en conta a sostenibilidade nas rutas quere dicir ter en conta os espazos naturais, os espazos que foron modificados polo home, a arquitectura e todo aquilo que non sexa respetuoso co entorno e co mediambiente.

    Para empezar o proxecto estamos a coñecer ben O Porriño, o lugar onde vivimos. Esta fin de semana coa axuda das nosas familias estivemos investigando sobre as diferentes parroquias que forman o concello.  Sobre un mapa que a mestra nos deu marcamos o río, as zonas verdes, os núcleos de poboación, os parques, as vías de comunicación e transporte. Seguimos investigando pero estes foron algúns dos mapas que fixemos cas nosas familias:









Esperamso que vos guste o noso proxecto, que coñezades O Porriño con nos e que esteades atentos as rutas que imos crear. Ata pronto!

2 comentarios:

  1. Bo traballo! Seguireivos. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Un proyecto estupendo. Os seguiremos desde Palenciana (Córdoba). Gracias por el comentario sobre nuestro blog www.vivanlosproyectos.blogspot.com
    Nos encantaría acompañaros en vuestras rutas.
    Saludos.

    ResponderEliminar