jueves, 25 de mayo de 2017

A PRAZA DE ABASTOS


                      A PRAZA DE ABASTOS



A praza de abastos de O Porríño fíxoa Xosé Bar Bóo, pois  traballou uns anos como arquitecto municipal do Porriño.
A praza de abastos é un edificio totalmente exento de fachada principal pois ten aceso polas súas catro fachadas que sobresaen pola concepción da súa cuberta a dúas augas como unha gran estructura, a cuberta estaba formada por " unha  cadea de perfís de hormigón armado".E unha estructura que no tellado non ten ningún tipo de soporte que o mantenga en pé, so uns contrapesos aos lados que o estabilízan. 
Construcción con pastos de granito. 
como non había suficientes pastas tiveron que pedir pastas de cor gris as canteiras de Salceda, e de cor rosa as de porriño .
A cuberta diseñouse como un paraugas que parecen gravitar sobre os muros creando varios espazos libres que  produce unha ventilación intermedia sen sufrir moitas corrientes.
A planta do mercado e cadrada , e ten tamén amplias marquesitas que se extenderian a todo lo largo das fachadas laterales.   



                Antes                                      Despois



    



 FEITO POR: Alba, Nico, Édgar, Javi e Israel.


martes, 4 de abril de 2017

VILA FLORIDA


                                                VILLA FLORIDA           













  Este edificio que chama a atención na parte peonil do Porriño por ser unha elegante construcción, tratase de Villa Florida,  construcción proxectada por Jenaro de la Fuente Domínguez , técnico vigués  autor deste edificio porriñés.


Este conxunto de vivienda resindencial e xardín é exemplo  da arquitetura ecléctica; un xardín rodea á casa,  conxunto  formado unha das mostras  maís  relevantes de tipoloxía de eclecticismo de influencia francesa .
O conxunto resindencial de Vila Florida foi construído a finais do século XIX ou princincipios do XX polo matrimonio  Manuel Rodríguez e Angelina Bonín, emigrados que retornan enriquecidos á súa terra.
 Villa Florida, como as casas indianas, amosa riqueza e ostentación, as ventás , non rectangulares, levan decoración de vexetais en pedra. Todo o edificio leva balconada ao redor da estructura na súa parte superior.
O edificio componse dunha planta baixa e unha primeira planta retangular hai un pequeno patio protexido por medio dunha verxa ao orentación do edificio e vexetal 
Esta vivenda é sostible porque sobreviviu a o tempo  sen sofrer ningún cambio que modificara o seu diseño orixinal nin se introduciron novos elementos que supoñeran impacto paisaxístico. 




                                              
                                                                                                  
Equipo: Jenny, Arantxa, Isma e Anxo.
Fotografías feitas polo equipo. 
Fontes de información consultadas.
-O Porriño, arquitectura urbana.
  Autor: J.R Iglesias Veiga
 e Diego Giráldez García
- www.jesus-manuel.com










EDIFICIOS "LA CUEVA" E "LICEUM"




"LA CUEVA"


Lugar:Rúa Ramón González nº14 esquina a rúa Antonio Palacios.
Estilo:Arquitectura popular.


   Abriu as súas portas como bar no ano 1922, pero antes de ser un bar fora un hospital  para pobres e posterior hospital para peregrinos.

   O edificio "La Cueva" ,ao igual que os edificios veciños, ten unha fachada estreita. Posúe muros de granito con pezas irregulares de cantería, perpiaño e cachote. Segundo fontes especializadas en arquitectura parece que o edificio tivo dúas fases de  construcción. Unha primeira  da pranta baixa, empregándose cachote de granito de pezas pequenas. A segunda fase sería da planta superior, nela hai pezas de cantería e perpiaños de distintos tamaños pero regulares. Destaca todo o espazo de soportal da planta baixa, que ao facer esquina o edicifio, permiten o aceso a dúas rúas.

   O bar "La cueva" e un edificio sostible porque está construido con materiais das canteiras próximas de Ás Gándaras (en Porriño ) de onde se extrae o granito co que está fabricado este bar , é dicir, empregáronse materiais locais. Durante a súa historia fixéronse renovacións aínda que sempre mantendo o equilibro arquitectónico do  contexto  urbano do pobo e sempre cos devanditos materiais da zona.





















"LICEUM"
Lugar: calle Avelino Velasco.
Estilo: ecléctico.
Cronoloxía: finais do século XIX

   Con este edificio iníciase a zona norte de soportais do centro da vila do Porriño. Presenta unha arquitectura de sobrio eclecticismo que depura a ornamentación pero mantén  excelente tratamento de cantaría deste tipo de edificios de fianis do século XIX. Como sucede nos edificios veciños citados os pilares centrais decóranse na zoa do aparente capitel e nas claves dos arcos,  neste caso cunhas sinxelas figuras  xeométricas. A fachada culmina cunha poderosa moldura na zoa da cornixa e un saínte de pedra  con floreiros aos lados. A fronte da rúa Avelino Villasuso presenta na planta baixa un arco de medio punto polo necesidade de abrir o amplo espazo lateral do soportal. 
   Este inmoble acolleu desde 1900 a sociedade Liceo Artístico, hoxe extinta. 

   Este edificio é sostenible porque encaixa cos edificios veciños, conserva todos os elementos cos que foi diseñado, na pranta baixa hai catro ocos nos que entra a luz evitando gastar moita enerxía.




FEITO POR: Alves, Saray, Francisco e Uxía.
Fotografías feitas polo equipo
Fontes de información: O NOSO PATRIMONIO. O PORRIÑO ARQUITECTURA URBANA. ED. CONCELLO DO PORRIÑO

lunes, 27 de marzo de 2017

Edificio de Bar Boo




                                                              
Este edificio foi diseñado por Xosé Bar Boo (1922-1994) Foi o arquitecto vigués que desarollou a maior parte da súa actividade en Galicia. Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid.     N Lugar: rúa Estación Nº14
                                                                                                   Estilo: Arquitectura contemporánea
                                                                                                                       Autor: Xoxé Bar Boo

Edificio de catro plantas, un andar proxectado por Xosé Bar Bóo e construído medianeiras con fachada principal a rúa Estación. Responde a un modelo empregado por este afamado arquitecto no que nas fachadas busca a ruda expresión da pasta de granito rosa do Porriño, sen pulimentar, tal como se extraen da canteira. Neste caso a fachada amosa un diseño total mente simétrico. marcado polo oco da escaleira que reflicte o exterior por unha retícula de pequenos bans. 
Consideramos que esta edificación é sotible porque utiliza granito rosa Porriño, e dicir, granito da canteira porriñesa, materia prima que non produce CO2 por ser local e non ter custo ambiental no transporte. Por outra banda o oco da escaleira da luz e aireación natural o que permite aforrar en enerxía eléctrica.

Fontes:
O libro: Arquitectura sostible de Porriño
A páxina web: Bar Boo Wikipedia                                    

                                       
                                                     Grupo 5: Eva, José Lui,s A.Pereiro, A.Graña, Miriam.
                                                                                                       



Casa da Familia Rodríguez


A casa da Familia Rodríguez é quizais o exemplo máis destacado do eclecticismo.
A falta de documentación, frecuente no Porriño polo incendio do Concello no ano 1976, impide certificar que arquitecto traza o proxecto.
O inmoble desta vivenda consta dunha planta baixa, un andar e unha bufarda. A composición ten un carácter simétrico aparecendo marcada por un corpo central resaltado pola riqueza da decoración.
A  casa da familia Rodríguez perteneceu, como xa dí, a familia Rodríaguez, pero o agora pertenece ao concello do Porriño e alí teñen ubicacación parte das súas  oficinas.
Consideramos que esta é unha casa sotible porque consérvase moi ben dende  a súa construcción, as remodelacións fixéronse conservando a  estructura orixinal sen introducirse elementos alleos  ao estilo ou de impacto paisaxístico.

Resultado de imagen de ayuntamiento de porriño
  Foto feita polo equipo de traballo
   
Fontes

O Porriño. Arquitectura urbana de

J.R. Iglesias Veiga e Diego Giráldez  García
Editado polo Concello do Porriño.

Porriño (1895 - 1995) Recuerdos de un Siglo

Editado por Joyería Lorenzo.

lunes, 13 de marzo de 2017

VÍDEO DA RUTA "ANTONIO PALACIOS" , UN PROCESO EN IMAXES


  O pasado venres fomos repartir polo noso pobo os folletos que fixemos sobre a nosa primeira ruta, a ruta "Antonio Palacios", percorremos o centro do Porriño deixando en diferentes lugares os folletos nos tres idiomas.  De esta saída fixéronse eco a web  SON DO LOURO  e a  BIBLIOTECA DE PORRIÑO (dende aquí o noso agradecemento especialmente á biblioteca polo seu artículo pois da boa conta do noso proxecto).

  O vídeo que tendes a continuación resume o ciclo desa primeira ruta, un ciclo que pechamos coa difusión dos folletos. Esperamos que teñades aquí un bo resumo.


Grazas a toda a comunidade educativa e a todos os demais pola vosa colaboración!




jueves, 23 de febrero de 2017

ARQUITECTURA SOSTENIBLE

  Empezamos a traballar no noso próximo folleto que será sobre arquitectura sostible. Imos lembrar conceptos sobre vivendas, arquitectura e sostenibilidade.